amannyan 's review for:

Primera persona del singular by Haruki Murakami
5.0

Non se me dan ben as palabras, sería un soño expresarse coma Haruki Murakami neste libro de relatos. Tamén hai que dicir que Murakami ten dous extremos: o adoras ou o detestas. Teño sorte de estar no bando ao que lle gusta e por iso mesmo intentei esforzarme en valorar todos e cada un dos relatos deste libriño.

Aspera pedra, fría almofada
No primeiro relato atopamos un encontro sexual dunha rapaza que escribe poesía e dun rapaz universitario que coinciden nun traballo a tempo parcial. Este relato ten un tono moi propio de Murakami e da súa maneira de entender as relacións entre as persoas.

Flor e nata
Un rapaz é víctima do que parece unha broma e tópase cun vello que lle fai intrigantes preguntas sobre círculos con infinitos centros sobre os que reflexionar. A verdade é que me atopei reflexionando eu mesma e chegando ás miñas propias conclusións. Se les este relato, podemos compartilas, cada un temos a nosa propia flor e nata.

Charlie Parker plays Bossa Nova
Non son nada fan do Jazz, será que non o entendo. Neste relato descríbesenos un elepé con todo tipo de florituras e comezaba a aburrirme cando Murakami corta a descripción e da un xiro que cautiva por completo. A min destrozoume un pouco xa que me recordou a cando soñei con meu abuelo pouco despois de que morrese.

Cos Beatles
O relato xira en torno a un rapaz que ten un flechazo cunha rapaza do seu instituto que porta un vinilo dos Beatles e de como vai evolucionando a súa vida despois diso, como ese flechazo, ese amor xuvenil condiciona todo o demais. Murakami describe as relacións amorosas como un pouco agobiantes, para min, vai como moi directo cando para o demais regodease en detalles.
Pero bueno, este relato que comeza cuns tintes románticos de novo vira e cambia a unha tónica escura despertando o interés e a angustia, tan propio de Murakami. Sempre cos Beatles de fondo.

Antoloxía poética dos Yakult Swalows de Tokio
Neste relato o propio Haruki Murakami preséntase como protagonista e a través das súas vivencias e amor polo béisbol achéganos á súa vida.

Carnaval
Non é un relato sobre o entroido nin nada parecido, é unha peza de música que envolve unha amizade entre un home e unha muller de mediana idade, unha relación sobre as apariencias e quen somos en realidade, as luces e sombras.

Confesións dun mono de Shinagawa
Un home vai parar a un hostal termal e pasa a noite falando cun mono sobre o amor e a soidade, envoltos en vapores sulfurosos misturándose o real e o onírico.

Primeira persona do singular
O culmen deste libro de relatos no que un home ten por pasatempo probarse os traxes que xa non usa e dar un paseo traxeado, todo ben ata un último paseo cara unha coctelería.