You need to sign in or sign up before continuing.
Take a photo of a barcode or cover
byemme 's review for:
Desde el jardín
by Jerzy Kosiński
Non sei que decir deste libro. Impresiona? Definitivamente si. Moitos comentan que é brillante, que está cheo de sátira e humor e que reflexa unha sociedade que necesita buscar sempre a alguen a quen admirar e culpar. Iso da sociedade tamén o vin, pero o que máis me impactou e no que a miña mente se centrou máis, foi en Chance, o protagonista. Non sei se podería dicir que é divertido, supoño que se me céntrase máis na sociedade en sí e en todo o que un grupo de xente chega a armar só por interpretar como lle veña en gana as cousas, pois si, é divertido. Pero tamén está a parte desagradable, a parte dura, e que me resultou complicado de ler a partir da metade do libro, e falo do protagonista. Chance que según vas lendo dache a sensación de ser un neno metido no corpo dun home, alguén que pasou a súa vida coidando dun xardín e vendo a tele, e que non coñece nada do mundo, nin das persoas e menos dos sentimentos, máis aló do que ve na pantalla. É alguén que sen querer veuse envolto na máis alta sociedade, rodeado de xente con diñeiro e poder. Xente que sen saber del ó fai un ídolo, e el sen saber porque lle preguntan cousas que non entende, déixase levar, porque non sabe nin como actuar. Para min centrarme máis no protagonista que no entorno deixóume unha sensación amarga, coa visión dunha historia de abusos a alguén que nin é consciente de quen é el como ser humano. Para min o resultado foi como unha morea de xente lle daba vida a un boneco e facían del o que quería. E el como bo boneco, sen vontade propia, deixábase facer.