A review by helicuetaro
Fruits Basket #15 by Natsuki Takaya

3.0

As veces esquezo que os tomos de mangas, en especial os de shojo, están escritos con anterioridade para algunha revista e non é ata tomos coma este nos que me lembro disto. Que aleatorio queda, nun mesmo tomo, que Yuki conte a súa historia á persoa máis random do mundo e sexa tan escura chea de
Spoilerabuso emocional e físico, neglixencia emocional e física e probablemente 600 cousas máis
pero despois teñamos uns capitulos sobre "Algo parecido a Cenicienta" que o único que fai é demostrar como non teño o mesmo sentido do humor ca os xaponeses.

Si que me gustou saber máis sobre a historia de Yuki e saber que TIÑA RAZÓN
Spoiler a gorra era de KYO só que Yuki queda con ela porque Kyo é un maldito emo bully dende pequeno
. Tamén pareceume interesante saber como Kyo non sabe nada da nenez de Yuki, realmente pensa que porque estaba "dentro" era máis feliz e tiña unha familia que o coidaba e mimara. HAVE YOU MEET AKITO??????????????? En plan, Kyo sabe da circunstacia de Momiji e de Hatsuharu pero dalgunha maneira pensa que Yuki tivo unha infancia de 10?¿?¿?

Non me gustou un carallo o motivo polo que Yuki quere a Tooru
Spoilermommy issues much?????? Que pesadelo xa de querer a túa esposa que sexa coma túa nai.
SpoilerPero bueno, sabía que algo tiña que ocorrer pra que Kyo tivera o camiño libre para conseguir sair con Tooru. Tamén veome vir que Yuki acabe con Magi só polo feito de que esta rapaza ten 3 neuronas dispoñibles (a diferencia de o resto da xente, aparentemente) e é capaz de entender a Yuki en vez de idealizalo como fan todo o maldito mundo


O tomo en si pareceume demasiado aleatorio, para min os capitulos da obra de teatro non soan a outra cousa ca a recheo puro e duro. Seguiré lendo os demais tomos a ver se chegamos a algún lado. Xuro por tódalas deusas deste universo que como a solución e o final feliz sexan nos últimos 3 capitulos, vou escupir lume pola boca.

De novo: non acepto ningún caso de incesto neste manga
Spoilerporque polo visto hai como 3 relacións entre primos que ninguén ve coma un problema