Scan barcode
A review by meiga
Instrucións para converterse en fascista by Michela Murgia
informative
inspiring
reflective
tense
medium-paced
4.0
Este libro é terrorífico. Porque consegue que entendas o fascismo, que lle deas un pouco a razón e cando te das conta diso, algo se che revolve no estómago. É a proba perfecta do vivo que continúa o fascismo e do fácil que lle é convencer, especialmente a aqueles que xa están predispostos para elo. Por iso é tamén un recordatorio do importante da loita antifascista e de denunciar o fascismo existente hoxe en día. Do peso que pode ter usar as palabras adecuadas e chamar as cousas polo seu nome. Do perigo que supón tolerar aos intolerantes.
Resultoume especialmente interesante como se centrou no poder do linguaxe, no pensada que está cada frase dita, publicada ou contestada. O estudo destes mecanismos é imprescindible para poder detectalos e impedir a súa reprodución, só así podemos evitar que estas mensaxes chas de mentiras calen entre a xuventude. A súa leximitación baixo as escusas da liberdade de expresión e a provocación será a nosa perdición.
Ademais pareceume moi revelador coma pese a estar escrito por unha autora italiana para denunciar o fascismo imperante alí na actualidade e usando os exemplos deste país, lía todas as súas palabras coma se saíran da boca dos fascistas españois, pois o que sucede. Para o fascismo, as fronteiras desdebuxánse porque usan as mesmas falsidades e estratexias en todos os lados.
Unha lectura imprescindible que abre os ollos sobre o perigo que aínda nos atopamos a tempo de deter.